Derrota ante un superior Lóstrego no primeiro amigable da tempada

As pontevedresas, con goles de Helena, Laudith e Martita, derrotaron ás ourensanas en tres xogadas a balón parado.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía volvía aos terreos de xogo dez meses logo do seu último partido cunha derrota na súa visita ao Lóstrego CF Gondomar. Equipo de recente creación pero sobradamente experimentado ao contar con varias xogadoras que ata esta campaña participaban en 1ª nacional feminina.

Un equipo que sen dúbida ningunha vai ser o máximo favorito a conseguir o ascenso de categoría en caso de comezar a competición. Con plantel formado con catorce ex-xogadoras do Valladares de Liga Nacional (dúas categorías por encima), nove de elas titulares habituais e con varias boas xogadores infantiles da comarca adestradas por Gabi Couñago, experimentado formador de xogadoras de Vigo.

Miguel Saa saiu cun equipo ben organizado, utilizando un sistema 1-4-2-3-1 cerrando ben as liñas e permitindo poucas ocasións nos primeiros 45 minutos, inda que si é certo que as locais levaron o peso da posesión do balón e Rocío tivo que resolver varios tiros perigosos das locais, rematando coa portería a cero, pero coa sensación de que a superioridade técnica das locais facía presaxiar que o partido se decantaría ao seu favor na segunda metade.

Moitas impresicións e domino claro das locais nos segundos 45 minutos
Na continuación o guión seguiu sendo o mesmo, o Lóstrego dominando a posesión do balón e unhas Rosalías ordeadas e moi entregadadas en defensa pero moi imprecisas unha vez recuperaban a posesión do balón. Dende a bancada a sensación era que o equipo xogaba moi nervioso e así chegaron os tres goles das pontevedresas.

Tres goles a balón parado
A pesar de contar con varias ocasiona en xogo, os tres goles para as pupilas de Couñago chegaron dende córner da banda esquerda das locatarias. Helena, min.51′, Laudith, min.66′ e Martita, min.76 remataron ás redes sendos saques de esquina deixando o marcador nun claro 3-0 a favor dun conxunto que deixou boas impresións diante da súa afición.

Pola parte das azuis, parece que Saa ten traballo cara a posta a punto do equipo ante un posible comezo da competición “Estamos máis verdes quizais do que esperabamos, apenas habemos ter balón, e cando o tivemos xogámolo con medo”, sinalou o técnico ao remate.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content