“Foron superiores e así o marca o resultado“, dixo o técnico.
Miguel Saa e Gabi Couñago compareceron en zona mixta do Campo de fútbol de Chaín tralo encontro amigable entre a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e CF Lóstrego Gondomar. O adestrador azul dixo: “Foi unha primeira toma de contacto, igual traizoáronnos algo os nervios”.
“Polo menos soubemos defendernos e aproveitar o partido”, añadiu.
Balón parado
“Si, ao final o balón parado definiu o resultado, pero de todos os xeitos elas tiveron máis ocasións durante o partido que non acabaron en gol por pouco”.
Superioridade local
“Foron superiores e así o marca o resultado. Malia terminar a primeira parte con empate a cero no marcador, na segunda, con tres acciones a balón parado decantaron o partido ao seu favor”.
Estado do equipo
“Estamos máis verdes quizais do que esperabamos, apenas habemos ter balón, e cando o tivemos xogámolo con medo”
Demasiadas imprecisións
“Si, realmente o pouco balón que tivemos non o aproveitamos, e seguramente imprecisión sexa a palabra que defina o noso xogo no día de hoxe”.
Pola sua banda, o adestrador local, Gabi Couñago sinalou que “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar. Crear un club neste momento de pandemia non é fácil, e para nós hoxe era un día para celebrar logo de meses difíciles de traballo para que hoxe o club poida ser unha realidade”. “En canto o futbolístico, foi un partido cheo de impresiciones, que é lóxico logo de tanto tempo sen xogar, no noso caso serviu para facer moitas probas e adaptar ás novas xogadoras ao noso xeito de entender o xogo. Estou moi contento de ver o bo nivel das nosas xogadoras máis novas. Hoxe xogaron connosco 6 nenas en idade infantil”.
O resultado era o de menos
“Eu creo que o resultado hoxe, e tamén o xeito de conseguir os goles é anecdótico. É certo que nós este ano temos que sacar moito partido das accións a balón parado, onde temos un gran potencial. Hoxe non estivemos moi precisas, e custounos xerar ocasións de gol claras, tamén en parte polo bo nivel en defensa do Rosalía. É certo que nos custou finalizar as xogadas, algo que aínda debemos traballar moito, e tamén creo que é xusto dicir que o Rosalía dificultounos moito nos últimos metros, cunha porteira, Rocio, de moitísimo nivel”.
Rival
“Pois me sorprendeu moito positivamente. Malia ser o primeiro partido logo de moito tempo sen competir, é lóxico que aínda as rapazas teñan dificultades, vese un bo traballo detrás, cun gran adestrador. Admiro seu traballo desde a base e iso lles dará os seus froitos, teñen moitas xóvenes para seguir crecendo, e estou convencido de que farán unha gran tempada”