As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Infantil’ volvía ao Municipal de Oira para enfrontarse á UD Mos. Quinta xornada e ante un rival moi complicado, o líder. As pontinas chegaban tras ter xornada de descanso e tiñan a necesidade de sumar puntos ao seu casilleiro. O duelo comezou cun gol de Alba Cimadevila moi temperán nos primeiros nove minutos de xogo. Algo que pillou por sorpresa.
Durante os seguintes minutos, as pontinas tentaron igualar o resultado, pero non foi posible. no minuto 18′, unha recuperación e posterior tiro de Mihret sae desviado por pouco. Con todo, as ‘avespas’ fixéronse co control do partido e enlazaron dúas ocasións consecutivas antes de aumentar a vantaxe. Os intentos de Nerea e Lucía Gregorio, bótaos por terra Iara con dúas boas intervencións. No minuto 21, Emma puxo o segundo no marcador ao rematar no segundo pau un córner de Elisa. O terceiro chegou 12 minutos despois e tamén á saída doutro córner de Elisa que remata ao fondo da rede Lucía Gregorio tras un pequeno barullo na área. Seguiron presionando e insistindo as visitantes e tras un tiro ao traveseiro de Sara Rodríguez, chegou o cuarto. Ataque desde o sector esquerdo de Elisa e o seu centro remátao Daniela (minuto 39′, 0-4).
Non puido comezar de peor maneira a segunda parte para as nosas, no minuto 44′ penalti a favor do Mos, Ainhoa Reyes puxo o quinto no marcador. O sexto non tardou en chegar, esta vez foi a quenda de Elisa que probou sorte desde fóra da área nun tiro directo de falta e acertou. A vantaxe non relaxou ás rivais e con Elisa, como mellor xogadora sobre o céspede do Municipal de Oira, continuaron as chegadas. A ‘sete’ xerou as tres seguintes. Un tiro que bloca Paula, un centro que remata Emma fora e un dereitazo ao que responde a nosa gardameta cunha gran intervención. Aos 76′ minutos de xogo, nova estirada de luxo de Paula ao remate de Nerea. A un minuto do final, Mihret xera perigo desde a dereita, asiste a Cayetana e o seu centro remátao pegado ao pau Nicole. Co tempo cumprido, Iria Expósito anotou o definitivo gol do conxunto moense. A defensa soubo definir que dá xenio para anotar desde o bordo da área un córner executado por Elisa.