Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’.

Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da canteira da Escola de Fútbol Feminino Rosalía na liga Galega Cadete.

Viajes InterRías FF-EFF Rosalía ‘Amarelo’ (2-0)
Non puido romper a súa serie negativa o equipo ‘Amarelo’ ante un Viaxes InterRías que fixo valer a súa condición de local en Ou Revel de Vilalonga. Despois dunha primeira parte sen goles, as locais adiantáronse no marcador á hora de xogo cun gol de Sofía Serantes. Nove minutos despois, Nerea sentenza co segundo.

EFF Rosalía ‘Azul’-CF Noia (7-0)
A EFF Rosalía ‘Azul’ asinou unha actuación sobresaliente tras golear ao CF Noia durante o partido celebrado no Municipal de Oira, o cual finalizou cun marcador de 7-0 a favor das pontinas. Sentenciaron as locais nos últimos dez minutos da primeira metade con tres goles de Irene (minuto 33′ e 36′) e Daniela (minuto 38′). A volta de vestiarios, Sanmiguel aumentou a vantaxe no 49′ e antes de cumprirse a hora de xogo, outros dous. Irene asinaba o seu particular ‘triplete’ aos 56 minutos e Esmeralda colocaba o sexto no luminoso aos 58′. A goleada pechouse cun novo gol de Carballo.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content