Derrota no último amistoso antes de empezar a Liga

Aldara Rivera debutou co equipo Senior, que puido marcar en duas ocasións de Seguín e Zaira.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía continúa coa súa posta a punto de cara á tempada oficial. As de Saa perderon fronte ao Mos no último amistoso previo ao comezo da Liga e no que debutó Aldara Rivera na portería. A primeira metade, pese a terminar con vantaxe das moenses, foi igualada. Xogouse a un ritmo alto e as xogadas de perigo sucedéronse. A primeira a protagonizou Fara. A interior recuperou un balón presentouse ante a defensa e cedeu a Lidia, soa ante a porteira pero o colegiado do partido sinalou un fóra de xogo inexistente.

O Mos saíu a controlar o partido pero sen crear perigo na portería local. A piques de cumprirse a metade dos primeiros 45 minutos, unha ocasión para cada equipo. Na primeira, o balón cae aos pés de Seguín logo dun barullo ao bordo do área pero o seu tiro deteno a porteira visitante en dous tempos. Un minuto máis tarde resposta visitante. Balón ás costas de Feijóo e o centro desde a súa banda sálvao Noa cando a dianteira visitante quedaba soa ante Aldara. Nove minutos despois a que non fallaría sería Sara Cuiñas. Defensa adiantada das azuis e balón ás costas de Noa, sae Aldara pero a dianteira supéraa e adianta ás amarelas. Xogada parecida no 34, falta desde a medular que pilla despistadas a Añón e Noa pero nesta ocasión Sara non acerta coa portería ante a saída de Aldara Rivera. A porteira rival ce luciría na resposta local tras unha xogada entre Seguín e Fara, que se planta soa ante a meta, o seu balón sae rexeitado aos pés de Seguín pero o seu remate sálvao a central baixo paus.

Rocío, Fírvida, Isis e Zaira sutituyeron a Aldara, Aldarita, Feijóo e Patri tralo paso polos vestuarios. A primeira ocasión foi para as visitantes e terminou subindo o segundo ao marcador. Xogada pola esquerda e o remate afastado de Olivia sorprende a Rocío por alto. a réplica púxoa Zaira poucos minutos despois, pero o seu remate en boca de gol saíu alto. A partir dese momento o ritmo decaeu por parte de ambos equipos, aínda que houbo tempo para unha última ocasión, que foi para as de Saa. O tiro de María desde o bordo do área foi detido en dous tempos pola porteira moense.

Último partido de preparación das pontinas antes do comezo da Liga este próximo fin de semana cun balance de tres partidos e tres derrotas.

Unha vez rematado o partido, Saa, técnico do equipo Senior atendeu á web do club: “Non foi un bo partido, está o equipo bastante canso pero estou seguro que para a semana co comezo da competición daremos o mellor de nós mesmas”

Rival
“O Mos ten un gran equipo, cun adestrador que se ve que lle gusta o fútbol combinativo. É obvio que van estar arriba, todo o que non sexa así, será unha sorpresa para todos”.

Pretemporada larga
“O equipo está máis canso mentalmente que fisicamente, ao final foi moito tempo ainda que supoñíase que xa deberiamos levar dúas semanas de competición”.

“Era un premio que o corpo técnico quería darlle”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía Senior

Debút Aldara
“Aldara estaba nerviosa, pero fíxoo moi ben, era un premio que o corpo técnico quería darlle por ser unha moza que sempre está dispoñible para o club, ao final Rocío tamén necesita a tranquilidade de saber que si algún día non está, hai outras compañeiras como Aldara e Valeria que poden substituíla”.

Xogadoras con molestias
“Van aos poucos, Zaira quixo probarse e viuse bastante ben, mentres que Aida, ela mesma xunto con Adolfo decidiron que sería mellor descansar hoxe. Aínda así creemos que o domingo estarán co equipo”

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content