Dobre victora na Liga Promesas

Na tarde do sábado no Monte da Aira enfrontábanse na 6ª xornada da Liga Promesas as nosas pequenas do “A” e do “B” á mesma hora ca sua cita ligueira.

O lider da categoría, o noso promesas “A” recibía ao UD Mos. O conxunto olívico fixo unha boa primeira parte e púxolle as cousas difíciles as nosas xogadoras, pero a mellor circulación de pelota das nosas fixo que co paso dos minutos foran atopando mais espazos e o final a victoria foi cómoda.

A semana que ven a Liga para pola competición de Seleccións Comarcais na que o noso clube estará representado ca presencia de Cuquejo, Silvia, Sara e Candela Bouzas, ademais de Alba como seleccionadora.

A alegría da tarde levámola ca demostración sobre o verde do Monte da Aira da progresión do Promesas “B” de Juanma. As nosas peques foron quen de vencer ó Viaxes Interrías nun disputado e emocionante encontro no que a pelexa e a unión das nosas peques fixo que se decantara o noso favor.

Impresionante o traballo e a ilusión que demostra o noso “B” fruto da gran labor que está a facer Juanma con este grupo do que vamos a sacar moita renta nun futuro cercano.

Como sempre na sección “Fotografías” galería de imáxenes dos partidos.

 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content