Nada que facer contra o Racing Vilariño

Complicada saida a do noso senior o pasado domingo a Nigrán para enfrontarse no Campo de San Pedro ao equipo local do Racing Vilariño.

O equipo local, moito máis experimentado e formado co noso equipo non diu moita opción as nosas e mostrouse superior.

O campo de San Pedro, moi ancho e a plantilla do Racing de Vilariño, moi rápida, foron un pesadelo para as nosas defensas.

A primeira metade rematou cun claro 3-0, dous fallos defensivos e un “penaltiño” otorgado por un “caseiro” colexiado que non nos pitou ningunha falta a favor ata o minuto 55 deixaban clara a diferencia de potenciais entre as duas plantillas.

Na segunda parte as nosas non se amilanaron e tentaron sair sen complexos a desputar o balón e o partido, pero sin capacidade para xenerar perigo. Cando mellor estábamos xogando unha “faltiña” ó borde da area puña o 4-0 no marcador e rozando o final do partido o Vilariño puxo o 5-0. Xa casi no desconto un tiro de fora da área de Yadira pegou no longueiro no que sería un merecido gol a favor das nosas.

A semana que ven as nosas rematan a primeira volta recibindo ao líder Tomiño o domingo ás 12:00 no Monte da Aira de Velle.

 

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content