EFF Rosalía-San Mateo: O fútbol volta ao Monte da Aira

As azuis afrontan seu primeiro partido do ano no Monte da Aira ante un San Mateo en xeira positiva (domingo, 12:00h).

Bo partido o que se espera na matinal do domingo no Monte da Aira, que non só recibirá ao San Mateo, sétimo clasificado, senón que gozará tamén co partido das infantís nos prolegómenos (12:00 h, Monte da Aira). Será o primeiro encontro de 2020 ante a súa afección da EFF Rosalía, que buscará unha nova vitoria que lle manteña na loita por achegarse aos postos de arriba da clasificación. Atrás queda a primeira volta da liga, na que o equipo que dirixe Canal impúxose ao San Mateo no Cruceiro (2-4). Mañá tentará repetir triunfo no Monte da Aira no encontro correspondente á décimo sexta xornada do campionato.

Tras asinar 23 puntos na primeira metade do curso Canal destacou a entidade do rival que mañá visita o Monte da Aira. “Vai a ser un partido moi complicado porque elas veñen dunha dinámica moi positiva e van seguir con esa mesma dinámica e quedar nos postos de arriba”, explicou o técnico na rolda de prensa previa a un partido para o que convocou a 15 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Andrea, Cae, Judith, Isis e Feijóo.
Centrocampistas: Aldarita, Sabela, Ainara, Patricia, Yadira e Lucía Vázquez.
Dianteiras: Noui, Zaira e Silvia.

Sexto contra sétimo
Cambio radical, así sería a mellor definición para un equipo que empezou a tempada con moitas dúbidas perdendo seis dos primeiros sete partidos de competición, pero que chega ao Monte da Aira despois de enlazar 7 partidos sen derrota dos últimos 8 disputados cun balance a domicilio de 7 goles a favor e tan só dous en contra. As ponteareás están colocadas no 7º posto da clasificación, empatadas a puntos co Gondomar FB e separadas da EFF Rosalía por outro punto.

Precedentes
Cuarta ocasión na que se enfronten a EFF Rosalía e San Mateo cun balance positivo para as azuis de duas derrotas sobre unha das visitantes. Na primeira volta, nun partido moi igualado o resultado foi de 1-3 para as xogadoras de Iván Canal.

Resto da xornada
No resto da xornada destaca o Umia “B” – Racing de Vilariño por ser un encontro que pode estar igualado ao chegar a Barrantes o equipo visitante cunha racha de 3 victorias consecutivas. O resto dos partidos, a priori, parecen máis desnivelados excepto o da EFF Rosalía – San Mateo, distanciados un punto na clasificación.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Noalla – CD Bueu
12:00 EFF Rosalía – SpC San Mateo
17:00 Marin CF – EDVM Pereiró CF
17:00 SD Puentearnelas – SD Ponte Caldelas
17:00 Umia CF “B” – Racing de Vilariño
18:00 Balaidos CF – Juventud de Cambados
19:15 Gondomar FB. – SD Chispa
Descansa CD Mosteiro

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido