“Cambiamos o sistema a 3-4-3 arriscando e tivemos máis perigo arriba arriscando atrás”, explicou o técnico do Rosalía.
Iván Canal analizou na sala de prensa do Monte da Aira a vitoria ante o San Mateo (3-2). O técnico da EFF Rosalía explicou: “O partido foi disputado, comezamos durmidas e iso custounos un gol na primeira parte. Tras o descanso e cambio de sistema en 20 min remóntamos e melloramos poñendo mais presión arriba. Marcáronnos de falta no único tiro por porta na segunda parte e conseguimos marcar o gol da vitoria ao final do encontro”.
“Contento polo xogo pero temos que tentar xogar ao noso ritmo de partido e poñer máis intensidade”.
Definición
“Debeuse a que había moita densidade de xogadoras en defensa do San Mateo e as xogadoras interpretaron que para entrar a área e marcar hai que facer pases para entrar e tirar. É unha mala interpretación do xogo, máis aínda se a porteira rival está sempre adiantada. Dixémoslles Juanma e eu que non abusasen do pase, que tirasen a portería en canto estivesen preto da área. Así o fixeron e gañouse en parte por ese cambio”.
Alba e Patricia
“A falta de Alba nótase, sempre se nota a falta do tua mellor xogadora. Alba move a este equipo, cando non está nótase sempre, pero hai máis xogadoras e tamén o fan moi ben. Ao non ter cambios no medio notouse, e a falta de última hora de Patricia tamén influíu”.
Enfado de Sabela
“As mozas ás veces enfádanse coa súa propia auto exigencia e por outros motivos. Teñen que ter paciencia e acougarse, sobre todo se as cousas non saen como queren. Estou contento por Sabela, leva 5 partidos xogando a bo nivel”.
Tres puntos importantes
“Se se perdera non pasaría nada. Teriamos que ir coas mesmas ganas a gañar ao Chispa. Pero sempre é positivo gañar antes dun partido complicado para ir con ánimos”.
Goles en contra
“Está claro que nos meten en todos os partidos de media sempre 2 goles. É moi difícil gañar se sempre recibes dous goles por partido. Por iso levamos 2 meses traballando principios defensivos, e aínda que melloramos séguennos marcando goles. En lestes dous últimos partidos tiráronnos 6 veces a portería e encaixamos 5 goles. É moi complicado gañar así, temos que arriscar moito metendo a 3 xogadoras arriba para poder marcar máis goles e gañar partidos. Onte foi un exemplo, dous tiros dous goles. Cambiamos o sistema a 3-4-3 arriscando e tivemos máis perigo arriba arriscando atrás”
Á conclusión do duelo que este domingo, Xosé Manuel Vaqueiro falou para o micrófono do departamento de prensa do Rosalía e analizou as claves do encontro, correspondente á décimo sétima xornada do campeonato: “O Rosalía foi superior, sobre todo tendo a posesión é balón. Na primeira metade creounos un monto de ocasións e nós buscábamos algunha contra para poder competir o partido e puxémonos por diante, o que nos deu a oportunidade de defender atrás e aguantar ata o descanso pero, está claro, que a calidade despois acabouse impoñendo, o que ten mais ocasións acaba gañando”.
“Elas tiveron moita posesión, domináronnos bastante co balón pero é certo que non tiveron moitas, sobre todo porque non estiveron acertadas na definición pero as que foron polos tres paos acabaron en gol. Meteunas no partido o erro de Itziar, que nun tiro afastado e sinxelo, escapóuselle o balón e foi o empate pero si dominas e tes ocasións, o normal é que acabes gañando”.
Pilar Andrade
“Hoxe tíñamos catro baixas, sobre todo en defensa e houbo que recompoñer o equipo, tivemos que axustalo un pouco e estivo xogando máis atrás pero cando o resultado non era tan favorable tivo que xogar máis arriba e acabou definindo. Tivo dúas ocasións e meteu dous goles. Este ano leva unha moi boa tempada, sobre todo cara o gol”.
Cambio no equipo
“O principio da tempada empezamos con algunhas baixas, cinco lesionadas e iso nun equipo de 18 fichas sénior, tiramos de infantís e o tempo fai que un equipo axústese, competa mellor e saque un mellor rendemento as xogadoras. Esperamos manter un pouco a liña, recuperar xogadoras lesionadas e competir entre o quinto e oitavo e por agora vai moi ben”