Empate de líderes

Nun partido moi igualado, sen goles, os dous líderes do campionato demostraron a súa valía.

A Escola e Fútbol Feminina Rosalía Infantil mantense invicto tras empatar no Municipal de Oira, no encontro correspondente á quinta xornada de Liga. As azuis empataron 0-0 ante o Mos nun encontro de gran intensidade e no que fixo méritos para conseguir o tres puntos. O equipo de Quique e Castro xeraron as ocasións máis claras pero o gol non chegou nos 80 minutos de xogo. Diante o máximo goleador frente ao menos goleado.

Empezou ben o Infantil, a primeira ocasión foi súa, que puido adiantarse cun disparo de África que atrapou sen problemas Lucía (1’). O partido comezou con moita igualdade e con ocasións para ambos os equipos. A primeira das ‘vespas’ foi cun remate afastado de Crystal por encima da portería. As pontinas responderon de inmediato cunha xogada individual de Sara, que cun autopase plántase soa ante Lucía, a gardameta moi atenta despexa. As nosas levaban o peso do encontro, sen caer na precipitación, pero non xeraron máis ocasións ata a segunda metade.

Partidazo rifado o vivido no Municipal Oira.

Pouco despois do comezo do segundo tempo Candela a punto estivo de abrir o marcador, pero Iris (que saíra por Lucía no descanso) evitouno tras deter o seu disparo. Aos 50′, nova ocasión para Sara, a dianteira recolle un mal despexe de Iris e o seu remate despéxaos a defensa cando ía para dentro. Nese momento o técnico visitante decidiu volver dar entrada a Lucía. O equipo de Jose Emilio Rodríguez non tardou en responder e Sofía Romero remata un bo centro de Paula desde a esquerda ao que responde de maneira segura Karla. Xa na parte final, concretamente no último minuto, Sara inicia un contragolpe e cede a África ao oco, a dianteira a piques de rematar vai como Lucía adiántase nunha boa saída.

Táboas entre os dous mellores equipos, ata o momento, do Grupo C da Liga Galega Infantil, que se manteñen no alto da clasificación con dez puntos.

Castro da indicacións durante o partido.

Ao remate, Diego Castro atendeu á web do club para valorar o partido: “Eramos conscientes de que nos enfrontabamos a un bo rival, pero pecamos de excesivo medo e nerviosismo”. “Compre facer unha mención especial a Karla, nosa porteira. Estivo inmensa”, añadiu o técnico.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido