Espectacular inicio da Liga Promesas para o Rosalía

No mediodía do sábado e no Monte da Aira de Velle comezou a nosa andadura na Liga Femenina Promesas promovida esta tempada pola Federación Galega de Fútbol. Convertímonos así no primeiro clube ourensán en participar na primeira competición de fútbol base íntegramente feminina.

Ademáis pola porta grande, xa que somos o único clube participante que presenta dous equipos, o Rosalía “A” que debutaba contra o Umia FC e as nosas “peques” do Rosalía “B” que debutaron e de que maneira co SC San Mateo.

Os dous partidos disputáronse o unísono o que nos fixo estar con mil ollos os alí presentes e con emoción, sobre todo ao inicio en ambos campos.

O Rosalía “A” de Alba Rodríguez, un conxunto máis formado e experto, encarrilou pronto o partido ante un bo Umia que ben seguro dará moito que falar nesta competición a pesar da sua inexperiencia. A nota triste do encontro foi a lesión da boa xogadora Aldara do Umia que se tivo que retirar cun forte golpe no nocelo. Dende eiquí desexámoslle unha pronta recuperación e que pronto volva a disfrutar do fútbol e das compañeiras.

No outro campo, a bonita sorpresa que levamos todos os membros do clube. Un inexperto e noviño Rosalía “B” debutaba fronte o SC San Mateo, conxunto moi novo tamén e con un meritorio número de xogadoras ao tratarse do club dunha parroquia da vila de Ponteareas.

Disputadísimo e apretado partido co que nos deleitaron os dous conxuntos que deixou ternas imaxes como ver o colexiado atándolle as botas a algunha xogadora do partido.

Entre nervios e fallos propios nos dous conxuntos propios do debut, as nosas leváronse o partido demostrando que o crecimiento que están a ter é moi grande. Gran labor a de Juanma con estas pequenas en pouco tempo que tiveron para acoplarse e moita ilusión a que nos fixo, victoria a parte, a imaxe mostrada polo conxunto.

A próxima semana o Rosalía “A” visita Villagarcía de Arousa para enfrontarse ó Atlético Arousana, mentras que o Rosalía “B” desprázase ata Mos. Esperamos podan seguir mantendo a boa imaxe e sobre todo sigan crecendo e xenerando a mesma ilusión.

No apartado de FOTOGRAFÍAS da nosa web, podedes atopar amplias galerías de cada un destes partidos.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content