Este sábado comeza a Liga Promesas Feminina, primeira competición de fútbol a nivel galego íntegramente feminina e de base.
O noso clube é o único que participa con dous equipos, o Promesas “A” adestrado por Alba Rodríguez e o Promesas “B” adestrado por Juanma Bello. A competición constará de 14 xornadas de liga regular nas que o final o grupo separarase en dous. Os catro primeiros clasificados completarán un grupo cos tres primeiros da zona norte e os catro últimos cos tres últimos da zona norte.
Posteriormente faranse concentracións en sede única onde cada equipo disputará dous partidos. Despois das sete concentracións os equipos que se atopen nas duas primeiras posicións de cada grupo disputarán unha fase final a catro equipos nas que se dilucirá o cadro de honor final.
Mañá no Monte da Aira de Velle comezan a liga regular os nosos dous conxuntos. As 13:00 darán comezo simultáneamente os dous partidos das nosas peques nos que o Promesas “A” se enfrontará o Umia e o Promesas “B” fará o propio contra as rapazas do Sporting Club San Mateo.
Promesas “A”. De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Alba Rodríguez (adestradora), Candela, Daniela, Xiana , Silvia, Valeria, Laura Doce (axudanta), Lucía Pérez, Sara Meije, Nair, Lucía Nóvoa, Claudia y Xiana Sueiro. Sara Rodriguez (ausente en la foto).
Promesas “B”. De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Andrea Cabaleiro (axudanta), Candela “Barbadás”, Sofía, Sara Domínguez, Antía, Zaira, Aldara, Laura, Juanma (adestrador), Paula, Scarlett, Candela Currás, Uxía, María, Martha y Andrea. Miriam, Uxía II y Lucero (ausentes en la foto).