Excelente imaxe do club en Valladares

Desprazábase a totalidade do clube na mañá do venres festividade do Pilar a Valladares a unha triple cita co clube amigo da cidade olívica.

Aprobeitando a 5ª xornada de liga das nosas senior dende a directiva do Valladares, gracias o traballo e a insistencia do seu adestrador do seu primeiro equipo feminino de 2ª Nacional Gabi Couñago, ofreceusenos a posibilidade de disputar un triangular previo que enfrentou os nosos equipos da liga promesas co Valladares.

O triangular da categoría promesas estivo marcado pola ilusión dos tres contendientes a pesar do mal tempo que facía nas instalacións da Gándara. Unha choiva insistente mezclada cun forte vento non desluciu o esforzo e ilusión de ninguno dos tres equipos.

Comezou o noso Rosalía “A” enfrontándose ó Valladares, un disputado partido que cando parecía que se puña de cara para as nosas pequenas finalmente o Valladares logrou empatar deixando un emocionante “X” de marcador final.

O segundo encontro foi “o noso derbi” Rosalía “A” contra Rosalía “B”. As peques do Rosalía estrenábanse e eran toda unha incógnita e a verdade deixaron a todos unha grata sensación porque demostraron moita personalidade e voluntad sobre o verde nunha complicada mañá meteorolóxicamente falando. O derbi levouno o “A” finalmente pero con moito traballo porque o empate a un estivo moito tempo lucindo no resultado gracias o gol de María que volveu tolas ca sua entrega as defensas rivais.

O plato final foi o partido entre o Valladares e o noso Rosalía “B” e a pesar da diferencia física o noso “B” case sorprenden as locais despois dun disparo o longueiro e estiveron insistindo moito sobre a portería rival, pero a diferencia física finalmente decantou o partido sobre as olívicas.

Finalmente ás 12:30 saltaron o campo as plantillas dos dous senior. O Valladares “B” moito máis experimentado e con moita calidad técnica recibía as nosas guerreiras na 5ª xornada de liga e a verdade e que as nosas a pesares da derrota deixaron moi boa imaxe no campo.

Un despiste na banda dereita no minuto 7 de partido fixo que o Valladares se adiantara no marcador, parecía o guión normal e que algún máis podería caer na nosa porta…. pero para nada foi así. O gran traballo da nosa plantilla e a organización perfecta plantexada polo noso mister ante un potente rival permitiunos estar en todo momento no partido con opcións de disputalo.

Nin o Valladares creaba perigo, nin nós eramos capaces de desarbolar a estupenda defensa rival… moito xogo no centro do campo de poder a poder. Faltando dez minutos para rematar a primeira parte os nosos mellores momentos. Unha falta lateral botada por Yadira casi cabecea Andrea sola ao borde do área pequena e unha falta directa botada por Zaira casi sube o empate o marcador.

A segunda parte o mesmo guión, o Valladares ben controlado polo noso equipo e en ocasións algo desesperado polas imprecisións en ataque e o noso equipo esperando unha ocasión que non chegaba e o empate parecía que solo podría chegar nunha estratexia a favor. O final 1-0 e a sensación de que o noso equipo ten moitísimo futuro xa que ten os tres ingredientes que inspiran a maior das confianzas que son orden, ilusión e traballo.

Como sempre podedes atopar unha fermosa e completa galería de fotos do encontro na sección “Fotografías” da nosa web.

 

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido