Na tarde do luns o presidente do noso clube desprazouse ata a sede dá Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela para participar na asamblea previa ao inicio da recién creada Liga Promesas Feminina.
Unha competición que retrasa o seu inicio unha semana, ata o 27 do presente mes, dadas as dificultades que teñen os equipos do norte para xuntar plantillas íntegramente femininas de base. Dato curioso cando a priori o fútbol feminino no norte da nosa comunidade parece estar máis consolidado.
Un total de 15 equipos, de 14 clubes (nós no Rosalía participamos con dous equipos) participarán nesta primeira edición que se dividirá en dous grupos, Norte e Sur.
Primeiro disputarase unha fase regular de catorce xornadas (dobre vuelta) na que se decidirán as posicións para a segunda fase que se disputará polo sistema de concentracións, nas cales cada equipos se desprazará a unha sede e disputará nela dous partidos. Despois das 7 concentracións que se farán disputarase unha finalísima nunha sede cos dous mellores equipos de cada grupo.
Este método, que sobre o papel pode parecer “pouco competitivo” garante que todos os equipos teñan opcións ata case a última concentración de ter opcións de sair campeón da competición. Ademáis o sistema de concentración, como xa puidemos observar na pasada edición da Copa Gallaecia é un sistema moi positivo para a convivencia dos clubes e das distintas xogadoras de cada un deles.
O noso clube está moi ilusionado con esta novedosa competición, non polo papel deportivo que poidamos aportar, se non polo desarrollo que para nós como clube e para as nosas xogadoras deportivamente nos pode supoñer.
Está claro que si queremos que o número de licencias femeninas aumente na nosa comunidade, máis competicións deste tipo nas distintas categorías deben de existir.
A próxima semana publicaranse os calendarios da fase regular e a bo seguro que as nosas promesas do A e do B están desexando comezar a disfrutar desta competición e de tódalas experiencias que lles vai a aportar.