Fin de semana Liga Promesas

Táboas no derbi ourensán entre os dous equipos representantes na liga Galega Promesas Feminina.

Comezou a tempada para os dous equipos da Escola de Fútbol Feminina Rosalía no subgrupo D da liga Galega Promesas. E, para empezar, o derbi ourensán no campo de fútbol-8 das instalacións municipais de Oira.

Promesas ‘Amarelo’ e ‘Azul’ disputaron un partido con moitas imprecisións por parte de ambos os equipos. Apenas houbo ocasións en ambas as porterías, polo que o marcador terminou en táboas.

Houbo intensidade por parte dos dous equipos.

Por diante, toda unha tempada para seguir coa formación da base do club, que nuns anos serán a punta de lanza.

Check Also

A EFF Rosalía lévase o derbi no Monte da Aira

A pegada das ‘azuis’ decidiu un derbi con dous goles en tres minutos tras o …

Ir o contido