O Cadete da Escola de Fútbol Feminina Rosalía xa coñece o calendario desta tempada

As de Tamayo xogarán en casa ante UD Mos no seu debut esta tempada.

Unha vez realizado o sorteo da liga, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete xa coñece aos seus rivais desta tempada. O seu debut no Grupo B da liga Galega Cadete Feminina será ante UD Mos a fin de semana do 15 de outubro e as pontinas xogarán como local.

Así mesmo, a primeira fase concluirá, despois de 14 xornadas, a segunda fin de semana de marzo e as azuis recibirán a Sárdoma CF no Municipal de Oira para disputar o seu último partido de liga.

Os 4 primeiros clasificados xogarán a Fase Título, mentres que os restantes disputarán a Copa Consolación unha volta. O campión xogarano os dous primeiros en final a dobre partido, mentres que o primeiro clasificado do Grupo ‘consolación’ será campión automático.

CALENDARIO EFF ROSALÍA CADETE

1ª VOLTAPARTIDO
J. 1
15 de outubro
EFF Rosalía – UD Mos
J. 2
22 de outubro
Umia CF – EFF Rosalía
J. 3
5 de novembro
Viajes InteRías – EFF Rosalía
J. 4
12 de novembro
EFF Rosalía – SpC San Mateo
J. 5
26 de novembro
Lóstrego CF – EFF Rosalía
J. 6
3 de decembro
EFF Rosalía – Tomiño FCF
J. 7
17 de decembro
Sárdoma CF – EFF Rosalía

O pasado sábado, nosas cadetes disputaron o seu último partido preparatoria previo ao comezo da tempada, fronte a Viaxes InterRías.

O Cadete comeza o sábado a competición.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content