Ganas de mais

As de Alberto Tamayo queren seguir sumando nun escenario e ante un rival da zona alta, invicto no transcorrido de competición.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía visita mañá a partir das 19.30 horas ao Club Deportivo Pontellas nun duelo de altura. Tras facer na estrea a domicilio ante o Mos ‘B’ e repoñerse da mellor maneira ante Cacheiras o pasado domingo no primeiro coche da tempada en casa, as de Alberto Tamayo buscarán manter a imaxe ofrecida ante un dos rivais chamados a estar nos postos punteiros da clasificación.

Non será nin moito menos sinxela a empresa que ten por diante o primeiro equipo feminino pontino ante o conxunto porriñés, xa que as de Roberto Sueiro, que repite no banco, veñen en boa dinámica, instaladas en terceira posición despois de lograr 6 puntos de 6 posibles (vitoria lonxe de San Campio ante o Cacheiras SD por 0-3 e novo triunfo en casa ante o Chantada por 3-0). Aínda que non terá nada que ver un choque con outro polos persoais e os momentos, cabe destacar a imaxe que ofreceu o equipo o pasado mes de febreiro no mesmo escenario para crer na vitoria ata o final, cun solitario gol de Zaira.

Para este encuentro, o ourensán confeccionou unha lista de 16 futbolistas, co regreso de Fifi, que non estivo o pasado domingo entre as citadas por enfremidade. Así, a convocatoria completa fórmana:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Matilde, Lú, Laura, Fifi, Sabela, Sampayo e Feijóo.
Centrocampistas: Aroa, Aldarita, Bonjoch, Candela e Antía.
Dianteiras: Noui, Vicky e Zaira.

Rival
O equipo porriñés chega a este encontro en postos de fase de ascenso. Na súa marcadora conta con dúas vitorias, sendo un dos tres equipos invictos do Grupo 2, xunto a Concello de Boiro e Calo. A súa xogadora máis perigosa é Lara Oliveira, con dúas dianas, sendo unha tempada máis un dos seus referentes ofensivos. A pasada campaña logrou 17 en 24 partidos, sendo a segunda máxima goleadora do club.

Con todo iso, o choque correspondente á terceira xornada da liga Galega Feminina dará comezo ás 19.30 horas deste domingo no Campo de fútbol San Campio-2, coa arbitraxe do colexiado do Comité de Árbitros de Vigo Yeray Pérez Bosch.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content