Noa alcanza a centena de encontros como xogadora da EFF Rosalía

A defensa, ágora porteira, ourensá súmase a Zaira, que alcanzou esta cifra a anterior xornada do curso futbolístico 2023/24.

Noa Domínguez xa é centenaria coa Escola de Fútbol Feminino Rosalía. A defensa, agora reconvertida a porteira, de Gomesende disputou os 90 minutos no choque ligueiro da segunda xornada ante o cacheiras e únese ao selecto grupo de futbolistas que alcanza os 100 partidos coa elástica azul no transcurso da súa quinta tempada ás ordes de Alberto Tamayo.

Facendo unha análise máis particular de tal redonda cifra, cabe destacar que a gomesendeira disputou un total de 21 encontros na súa primeira campaña, a 2018/19, debutando na xornada inaugural o 16 de setembro de 2018 fronte ao Juvenil de Ponteareas con 12 anos. Vinte a 2019/20 e sumando outros nove na 2020/21, recortada pola pandemia do coronavirus. As dúas últimas tempadas son as máis prolíficas en canto a partidos, sumando outros 24 na 2021/22, onde se converteu na xogadora con mais partidos disputados e sumando a mesma cifra na 2022/23. A estas cifras hai que sumar os 6 goles que leva marcados como ‘pontina’.

Noa, atende ás explicacións de Alonso na súa primeira tempada.

Desta maneira, a nova xogadora de 17 anos, que forma parte do club desde a súa fundación, convértese na segunda, tras Zaira, en alcanzar a devandita cifra no equipo senior, motivo polo que se sinte moi orgullosa: “Estou moi feliz por cumprir o meu partido número 100 neste club, o equipo do meu corazón. En toda esta etapa o meu amor polo Rosalía vai en aumento. Grazas ao fútbol e ao Rosalía coñecín a adestradores e persoas maravillosos como Alonso, que foi o meu primeiro adestrador no senior, ata Tamayo,o meu actual adestrador”, indicou a porteira a nosa web. Tamén tiña claro que era un obxetivo a cumplir “Se hai seis anos dinme que fago 100 partidos con esta camiseta, creríamo, o tiña como un soño e fíxose realidade. Pero se me din que os faría sendo porteira non mo crería”. “Este club é unha gran familia e espero esta tempada lograr o ascenso. Estamos a loitar e seguiremos facéndoo ata conseguilo. POla miña banda, tentarei axudar ao equipo protexendo a portería. Espero esta tempada dar a miña mellor versión á beira de todas as miñas compañeiras e lograr ascender a Primeira”, rematou diciendo sobre o futuro”.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content