Mañá festivo, Día da Constitución, celébrase en Outes (Coruña) a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais Sub12 Feminino de Fútbol 8.
A seleccionadora ourensá é un ano máis a nosa Alba Rodríguez, auxiliada por Lucía Nespereira (ACD Polígono) e Luís Mª Ferrer (A Rua) e acuden á cita con moitas esperanzas de facer un bo papel inda que tan só se trata da segunda participación da Selección Ourensá.
Nesta fase a nosa selección disputará dous encontros. Por unha parte ás 12:00 enfrontarase a selección de Vigo, sen dúbida unha das favoritas do Campionato e as 17:30 á selección de Pontevedra.
Desexámoslle todo o mellor as nosas guerreiras afiadoras e sobre todo que disfruten desta fermosa experiencia.
A selección ourensá, estará formada por:
– Xiana Cuquejo (EFF Rosalía)
– Candela Bouzas (EFF Rosalía)
– Silvia Sampayo (EFF Rosalía)
– Sara Rodríguez (EFF Rosalía)
– Yllore (Monforte CF)
– Paula (EMF Arenteiro)
– Iris (A Rua)
– Anxela (A Rua)
– Sara (EDC Verín)
– Eva (EDC Verín)
– Nuria (EMC Celanova)
– Uxía (CD Barco)
– Sheila (ACD Polígono)
– Sara Bonjoch (EDC Maceda)