Liga Promesas: Dobre enfrentamento co Atlético Arousana

Intensos partidos os vividos o sábado á mañá polos dous equipos Promesas no campo de A Pelada de Vilagarcía de Arousa.

Nova fin de semana de compromisos para os equipos da Liga Promesas no comezo da segunda volta de competición.

Atlético Arousana-EFF Rosalía
As de Juanma Bello comezaban enfrontándose ao Atlético Arousana “A”, segundo contra terceiro clasificado e eso fixo que nas dúas escadras notábase moito medo a perder. O partido foi moi igualado e intenso con pouco fútbol. A dez minutos do final un rechace fai que o Arousana se adiantara de forte tiro lonxano, xa en tempo de desconto Antía de gol olímpico poría a xusta igualada no marcador.

EFF Rosalia Promesas “B”

Atlético Arousana “B”-EFF Rosalía “B”
As mais pequenas presentáronse cun equipo moi mermado polas baixas, en especial pola de Iara. Inda así fixeron un bo partido cunha Xiana Carballo pletórica que faría dous goles. Un bo Arousana “B” levouse a vitoria inda que Feijoó mostrábase moi satisfeita e orgullosa ao final do partido polo rendemento das súas.
“Foi un partido marcado por as baixas, principalmente de última hora. Fomos a Vilagarcía cun só cambio e sen porteira, tivo Lea que enfundarse os guantes. Inda así é bonito ver que apesare de ir detrás do marcador celebren cada gol con tanta felicidade, para unha adestradora iso é o que fai que mereza a pena dedicarlle tanto esforzo e dedicación”, comentou a técnica ao final do encontro.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Ir o contido