Liga promesas: volta o fútbol Promesas ao Monte da Aira

A liga Promesas volve ao Monte da Aira e mañá sábado, a partir das 18:30 h, os dous equipos da EFF Rosalía mediranse ao CD Mosteiro e Atlético Arousá “A” respectivamente na décimo terceira xornada de competición, segunda da segunda volta.

A EFF Rosalía “A” de Juanma Bello recibe ao Mosteiro, o equipo de Fernando González, no choque de ida, foi único equipo quen de rebañarlle dous puntos na primeira volta a falta do partido aprazado co líder Mos, cando na derradeira xogada do partido lle empataron un encontro pasado por auga. O Promesas “A”, que como local estase a mostrar intratable e facendo un bo fútbol, conta recuperar a varias xogadoras que causaron baixa nos anteriores partidos por procesos gripais.

Pola sua parte, as nenas de Feijoó e Cae, unha EFF Rosalía “B” en nivel ascendente teñen unha durísima proba ao visitalas un dos mellores equipos da categoría, o Atlético Arousana. Rival en teoría moi superior as nosas pequenas a pesar da clara melloría das azuis nos derradeiros encontros. Inda así estamos seguros que plantarán cara e unha xornada mais darán o 100% para meter en apuros ao terceiro clasificado.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content