Mal partido contra o Balaidos CF a pesares da victoria

Non tiveron un bo día as nosas rapazas do senior, gañouse nun partido bronco, feo e trabado contra un “intenso” Balaidos que deixou mostras de ser un rival moito máis complexo do que reflexa a clasificación actual.

Os nervios pola gran cantidade de público que se congregou no Monte da Aira, aproveitando a espléndida mañá e o derbi das Rosalías na categoría promesas, puido ser a razón pola que as nosas non sairan ca soltura doutras veces. Ademais a “intensidade” do rival tamén sorprendeu o noso xoven plantel, pouco curtido nesos temas.

Adiantouse o Balaidos nun desafortunado erro defensivo e pouco despois un man a man ca porteira visitante despois de gañar a espalda a defensa, orixinou a expulsión da mesma. Falta directa ao borde da area e Zaira de colocado disparo fai o empate na execución.

Marchamos ao descanso, pero na segunda metade non mellorou o xogo das nosas. Seguían as imprecisións e a falta de frescura e alegría no xogo, no minuto 61 e cunha xogadora do Balaidos tumbada no chan por lesión, a nosa dianteira Patricia non se percata e remata a porta facendo o 2-1 no marcador. O noso equipo non viu xusto gañar desa maneira, cunha rival tendida no chan e na seguinte posesión deciden meterse un gol en propia porta, que marca a nosa porteira Rocio. (Deixámosvos o video da secuencia)

E a piques de cumprirse os 90 minutos, unha internada de Zaira pola esquerda en velocidade derivará nun claro penalti que ela mesmo se encarga de transformar para sumar o noso clube tres novos puntos que nos meten na 8ª praza que da dereito á fase de ascenso.

A nota máis negativa foi a lesión de Andrea Pardo, a nosa lateral esquerdo recibiu unha forte entrada que lle dañou o nocelo dereito e será baixa por duas ou tres semanas.

A próxima semana visitamos o campo de San Pedro de Nigrán para enfrontarnos ó Vilariño e esperamos poder volver ver sorrir ás nosas xogadoras xa que esta victoria non foi todo o doce  que nos gusta.

“Si nos gusta lo que hacemos, si siempre hacemos nuestro mejor esfuerzo, entonces, realmente, estamos disfrutando de la vida. Nos divertimos, no nos aburrimos, no tenemos frustraciones (Miguel Angel Ruiz)”

Como case sempre que xogamos na casa, amplia galería fotográfica na sección de “Fotografías”

 

 

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido