Partido histórico para o fútbol feminino ourensá no Monte da Aira

Histórico, non pode ter outro calificativo.

O 14 de agosto moita xente pensaba que o fútbol feminino en Ourense morrera, a UD Ourense desfacía o seu equipo feminino de 1ª autonómica por unha suposta falta de xogadoras, tres meses despois dous equipos de base íntegramente ourensás e íntegramente femininos (os pilares no que se sustenta esta escola) enfrontábanse en competición oficial.

Enfrontábanse sobre o papel dous equipos moi dispares deportivamente, pero as pequenas venderon moi moi cara a derrota fruto do seu bo facer sobre o verde de Velle, porque ata ben entrada a segunda metade o resultado era de empate.

Mañá de festa para o clube no que durante toda a mañá na cafetería do Monte da Aira as familias do clube ofrecéronnos unha enorme degustación de postres e doces caseiros para amenizar o partido e o posterior encontro do noso senior contra o Balaidos CF.

Queremos agradecer públicamente a asistencia de diversas autoridades dos diferentes partidos representados no Concello e na Diputación Provincial, así como a presencia do vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e do Delegado Provincial. Tamén asistiu o director do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Ourense e a directiva de CD Velle, institucións cas que sin a súa colaboración non nos sería posible existir. Graciñas por acompañarnos nesta fermosa mañá de fútbol feminino que coincidiu cunha data tan especial.

Como na maioría dos partidos como locais, a galería de imaxes na sección de fotografías ou no seguinte enlace:

Galeria fotográfica

 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content