Marta Montes e Lidia Rodríguez, ao primeiro equipo

As xogadoras que rematan a súa etapa infantil asinan ata o 30 de xuño de 2022.

A EFF Rosalía chegou a un acordo coas futbolistas Marta Montes e Lidia Rodríguez para que sigan defendendo o escudo e as cores da entidade azul ata o 30 de xuño de 2022 pero con opción de renovación automática si ambas partes están dacordo.

A defensa, de 14 anos (2006, Lobios), sobe ao primeiro equipo procedente do infantil, grupo co que se estreaba o ano pasado na recentemente creada Liga Infantil Galega procedente da canteira da SD Bande. Na sua primeira tempada no club, Marta participou en 10 partidos (8 como titular) sen conseguir estrear a súa conta goleadora. A lobiá trátase dunha aguerrida e rápida defensa que ca súa concentración e intensidade supón un seguro para o seu propio equipo, ademáis, a pesar da súa pequena estatura, destaca polo seu xogo aéreo, sendo todo un perigo nas areas rivais nas xogadas a balón parado.

A centrocampista (Ourense, 2006), rematou sua formación no CD Velle para chegar á EFF Rosalía o pasado verán e reforzar o plantel do recentemente creado equipo infantil, pero non quedaría aí a súa contribución, xa que acudiu a varias convocatorias do senior dirixido por Iván Canal, participando en nove encontros e marcando seis goles, unha cifra que a colocou como cuarta máxima goleadora da EFF Rosalía senior. A capitana a campaña pasada foi a máxima goleadora do infantil con 10 goles en 12 partidos, incluidos dous triples na xornada dúas (saíndo dende o banco) e na derradeira fronte ao Umia antes da suspensión da tempada polo covid19.

Marta mostrouse moi contenta pola súa promoción ao equipo senior: “Para min renovar na EFF Rosalía é un luxo, xa que podo practicar o deporte que máis me gusta e disfruto xogando neste club íntegramente feminino, xa que viña de competir con equipos mixtos. Este ano vou dalo todo como tódolos anos, pero esta vez téñome que esforzar máis xa que xogo con xogadoras máis maiores ca min. A tempada pasada estivo moi ben inda que as veces con algúns equipos tivemos pouca sorte e o resultado final non foi o desexado; inda que competindo con sete xogadoras inda en idade alevín, competimos coa ilusión de gañar e disfrutábamos moito xogando todas xuntas”.

Preguntada polo confinamento, a lobiá comentounos que “a verdade é que eu levei moi ben o confinamento porque vivo nunha casa en Lobios bastante lonxe da cidade e alí non houbo nin hai ningún caso positivo por Covid-19 e ademáis tiña terreo para poder facer deporte, xogar ao fútbol e seguir un pouco en forma”.

Lidia pola súa parte comentounos que: “renovar pola EFF Rosalía é unha alegría e todo un privilexio. Afronto a nova tempada con moitas ganas de loitar, desfrutar e demostrar do que son capaz, vivindo momentos únicos cas miñas compañeiras… Pero sobre todo de divertirme esforzándome e tratar de aproveitar as oportunidades. A tempada pasada tiña unha racha de goles e estaba contenta co que estaba a facer, o equipo infantil dabao todo en cada partido e disfrutei un montón cas miñas compañeiras”.

Preguntada Lidia polo confinamiento e como o viviu, reflexionou: “foi distinto ao da xente que vivía nun piso, non o levei mal pero fíxoseme moi raro e complicado non poder disfrutar da compaña das compañeiras e do balón. O Covid é algo que vai a estar ahí durante un tempo, o que debemos de facer é tentar manter as distancias, lavar as mans, etc…”

¡Benvidas ao primeiro equipo, Marta e Lidia!

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content