Dinámica co primeiro equipo

As infantís Laura, Ester, Sara e Cuquejo participan activamente na pretempada do primeiro equipo dirixido por Miguel Saa.

A EFF Rosalía segue apostando pola súa filosofía de canteira dando a oportunidade de crecer á xente da casa. Laura, Ester, Sara e Cuquejo estarán na dinámica do primeiro equipo durante a pretempada, sendo aínda xogadoras do equipo infantil. O club quere apostar por elas como proxecto de presente e futuro.

Laura é destra e caracterízase pola súa gran contundencia e seguridade, sendo unha valuarte no corpo a corpo. A tempada pasada disputou 10 encontros, todos de titular menos na sexta xornada, a súa competitividade e concentración fan que sexa unha central de garantías. Ester destaca pola sua velocidade e regate, destacando seu bo dominio cos pés. Xogou todos os encontros como titular na Liga Infantil Galega e un partido co equipo senior (xornada 22, vs CD Mosteiro). Sara sobresae pola súa técnica e carisma que contaxia a todas as súas compañeiras tanto dentro como fóra dos terreos de xogo. Durante a súa estancia no Rosalía disputou co segundo equipo un total de 11 partidos, ademais de ir convocada na xornada 21 co senior cumprindo o soño de ser a primeira xogadora que participou en polo menos un encontro en todos os equipos da escola, anotando no seu debut coas “maiores”, a sonrisa do Rosalía. Cuquejo foi unha das fixas no centro do campo do equipo dirixido por Alba Rodríguez, destacando en sobremaneira no apartado goleador, a pesar de ser a encargada de manexar ao equipo, anotando 4 goles. Ao igual que Ester, tamén debutou co senior na derradeira xornada que puido disputarse no Municipal de Meis (campo do Mosteiro). Unha xogadora con gran visión de xogo, calidade técnica e clase, sendo estas dúas as súas mellores cualidades dentro do campo.

Marta, Ester, Cuquejo e Sara son unha máis na pretempada 2020/21.

As catro canteirás móstranse moi agradecidas pola oportunidade que lle brinda a EFF Rosalía.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content