Matinal de fútbol feminino no Monte da Aira

Senior e Infantil mediron esforzos entre elas, mentres que as Promesas xogaron ante dous dos equipos da base de CD Velle.

Mañá do máis azul no Monte da Aira, non só polo ceo que lucía color Rosalía, senon porque todo o club disfrutou dunha mañá de fútbol na súa casa xunto aos equipos da base do CD Velle

Os máis pequenos demostraron moto futuro.

Abriron a mañá dous partidos organizados de fútbol 8, por unha parte as máis pequenas do club enfrontáronse ao prebenxamín do Velle. Unha festa para ambos conxuntos no que disfrutaron na maioría dos casos dos seus primeiros minutos no múndo fútbol. Inda que o resultado é o de menos nestas categorías, as nosas pequenas sorprendéronnos cunha moi boa capacidade ofensiva e leváronse o partido.

Mentras no outro campo o benxamín do Velle enfrontábase as nosas promesas máis experimentadas. Inda que o partido estivo disputado, a efectividade do benxamín do Velle en ataque foi moito maior e leváronse o partido. Inda así as promesas ofreceron unha boa imaxe.

As senior aproveitaron a súa experiencia para levarse o partido.

A guinda do pastel foi o partido que enfrontou as nosas infantís, que comezan a súa participación en liga o próximo domingo, contra o senior. As nosas infantís demostraron o seu nivel sobre o verde de Velle e demostraron o gran futuro que temos na nosa canteira, pero as senior demostraron ese maior ritmo e esa diferencia física e leváronse o encontro por un claro 5-0 (Zaira-2, Noui-2 e Lidia).

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content