Aida Ochogavias, novo reforzo para o centro do campo azul

A centrocampista de 18 anos de idade, ex-xogadora de Ourense Envialia “B”, convértese na segunda incorporación do noso equipo de cara á tempada exprés 2021.

Aida Ochogavias (2002, Ourense) é nova xogadora da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía ata final de tempada do 2021. A centrocampista ourensana, aos seus 18 anos, chega para reforzar a parcela media do noso equipo. Aida comezou sua carreira na canteira do Cidade de As Burgas FSF, para logo pertencer á canteira do Ourense CF durante catro tempadas. Club que deixou para cruzar o Miño e recalar na UD Ourense por unha tampada e media para voltar novamente a seus orixás e rematar o curso co Ourense CF. Momento no que cambiaría o céspede polo parquet para unirse ao filial de Ourense Envialia FSF.

Tres anos despois, Aida, decide voltar ao fútbol para iniciar sua aventura na Escuela de Fútbol Femenino Rosalía. Acompañada polos directivos da entidade, Mario Gómez e Yuse, Aida coñeceu esta semana as oficinas do club e confesou que “xa tiña ganas de volver a fútbol e é un orgullo poder facelo no equipo da miña cidade”. Con ganas de poñerse xa ás ordes de Miguel Saa, o novo fichaje azul recoñece que “Confío en que nun par de semanas estarei lista e ao 100% físicamente para traballar en igualdade de condición coas miñas compañeiras”.

A centrocampista mostrouse moi leda por firmar coa EFF Rosalía.

Malia a súa xuventude, a centrocampista será unha das veteranas do equipo para “Aportar algo de experiencia e recuperar a forma para dar o máximo de min co equipo”, tal como recoñeceu na súa primeira rolda de prensa como Rosalía.

Ante a pregunta de por que se decidiu pola Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, tívoo claro: “O Rosalía é o único equipo que aposta polo fútbol feminino en Ourense, así que me pareceu boa idea que a miña volta ao fútbol fose no club que representa ese fútbol na miña cidade “.

Compañeiras
“É un equipo bastante novo pero cun gran futuro, e creo que podemos conseguir bos resultados nesta liga e, por suposto, en vindeiras tempadas”.

Por parte do clube, Mario Gómez mostrouse moi contento pola confianza demostrada por Aida na Escola. “É unha das mellores xogadoras da categoría, se non a mellor, no seu posto. Tentaremos entre todos que se sinta cómoda e poda levar o timón do equipo nesta mini competición que se nos presenta e ver o que podemos dar de si como equipo nun senior que unha tempada máis segue en formación, pero que pensamos que ano a ano mellora a súas prestacións”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content