Moi superiores

Partido moi solvente do noso equipo, que non viu perigar o marcador en ningún momento.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía sumou un novo triunfo, o cuarto da tempada, tras vencer con total merecemento ao Arcadia por 1-6 no Municipal O Salgueiron nun bo partido das pontinas. O partido comezou igualado nos primeiros compases, as pontinas saíron coa idea de dominar o partido mediante a posesión de balón, mentres que as locais conseguían facer recular ás nosas xerando o perigo por medio da súa dianteira, que explotaba a súa velocidade contra a nosa defensa. Nunha acción de Miriam con Sara, aos dez minutos de xogo, abriron a lata as azuis, Sabela recibiu un pase na frontal colocando o balón lonxe de Mia. As pontinas seguiron insistindo e Sofía, tras un roubo presionando a saída de balón local, non perdoou cun remate a en o man a man ante a gardameta rival. E xusto un minuto despois de mediada a primeira metade, a debutante Cayetana, encarrilou o triunfo tras rematar un centro de Sofía desde a esquerda. Espectacular a primeira metade do Rosalía cunha vantaxe de 0-3 no ‘luminoso’.

O ritmo non baixou tras o paso por vestiarios, consígnalas eran as mesmas, non descoidarse en defensa, manter a portería a cero e seguir sendo dominantes co balón.As pontinas, insaciables, foron a por máis. A pesar do gallo, Arcadia recortou distancias acabando coa imbatibilidade das nosas. Iria, tras unha xogada a balón parado, aproveita o despexe de Karla ao facerlle un estraño o balón e non poder atrapalo para rematar en boca de gol o 1-3. O gol non afectou ás nosas e uns minutos despois, Cayetana volvía poñer distancias tras un disparo desde dentro da área, que mellor debut!!. Dez minutos despois (63′) chegou o quinto por medio de Karla grazas a un penalti sobre Sabela que executa a nosa porteira desde o once metros.A trece minutos do asubío final, concretamente no 67′, Sara non desaproveita un balón ás costas da defensa rival de Aline para, cun forte chute, superar a Mia e asinar o 1-5 definitivo.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía Infantil volve conseguir tres puntos despois do empate da semana pasada antes Mos nun partido no que o equipo recibiu o seu primeiro gol, algo que para Diego Castro non é importante: “levar só un gol en contra en 5 xornadas fala do sacrificio colectivo destas xogadoras. A miña satisfacción e a de Quique é total”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content