Fame de vitoria

O Infantil enfrontarase ao Arcadia na sexta xornada da liga visitando ao club arcadas co obxectivo de reencontrarse coa vitoria.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil visita na matinal do domingo ao Arcadia E.F. co obxectivo de volver á senda da vitoria despois do empate da pasada xornada fronte a Mos en casa (11:30h, Municipal O Salgueirón).

As de Quique e Castro están a demostrar un gran nivel de competición creando varias ocasións para marcar durante os encontros, pero a sorte non estivo de parte das pontina no último partido disputado. Manterse firme en defensa será imprescindible para seguir coa portería a cero e sumar da tres no que será un reto máis para este persoal que ah demostrado a súa ambición en cada duelo.

Cayetana debuta nunha convocatoria co Infantil.

Para o partido de mañá non están dispoñibles Virgina, Ainara, Águeda, Victoria e Ainhoa, polo que Cayetana, xogadora do Promesas entra nunca convocatoria na que están citadas 16 xogadoras por parte do corto técnico:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla
Defensas: Alba, Cayetana, Aline, Lea, Lucía Torres e Candela Losada.
Centrocampistas: Sabela, Miriam, Lucía Carral, Andrea e Esmeralda.
Dianteiras: Sara, Sofía, África e Xiana.

En canto ao equipo local, acollerá ao equipo azul co mesmo obxectivo que as pontinas, sumar o tres puntos tras caer ante o Valladares.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content