Mos-Rosalía: Partido decisivo en Mos

As pontinas necesitan gañar para manter as opcións de quedar primeiras no Sub-Grupo C a falta de tres xornadas para terminar a primeira fase (17.00 h; Municipal das Baloutas).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil afronta mañá un dos partidos máis importantes da tempada. O noso equipo mídese ao Mos no Municipal das Baloutas na 12.ª xornada da Fase de Grupos da liga Galega Infantil (17.00 h). As pontinas necesitan gañar neste encontro para manterse na disputa polo primeiro posto do Sub-Grupo C a falta de tres xornadas para o termino desta fase.

O equipo de Quique e Castro, coas seguintes xogadoras na convocatoria:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA INFANTIL
Portera: Karla.
Defensas: Aline, Esmeralda, Candela Losada, Ainara e Alba.
Centrocampistas: Andrea, Sabela, Lea, Lucía Carral e Ainhoa.
Dianteiras: África, Sara, Sofía, Victoria e Xiana.

chega ao partido na segunda posición do grupo con 23 puntos e un balance de sete triunfos, dous empates e cero derrotas. No último duelo, as pontinas gañaron catro a cero ante o Tomiño no Municipal de Oira.

O partido en Oira foi un partidazo.

O rival
O Mos ocupa a primeira praza do Sub-Grupo C con dous puntos máis que o noso equipo. Con oito vitorias, un empate e cero derrotas na súa marcadora, o noso rival afronta este partido tras vencer 1-4 ao Valladares na liga. No último precedente entre ambos os equipos, o partido terminou 0-0.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido