O Infantil vence con autoridade ao Tomiño

Sara, Lucía Carral e África, goleadoras no primeiro encontro das de Quique e Castro en casa no presente 2023.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil venceu ao Tomiño FCF con autoridade e solvencia na volta ao Municipal de Oira (4-0). O equipo de Quique e Castro foi superior na gran cantidade de minutos do encontro, en especial nunha primeira metade na que sentenciaron o partido a pesar de non ser un dos seus mellores partidos.

Así no primeiro tempo o equipo pontino comezou eléctrico. Aos dous minutos de xogo, a primeira ocasión foi para Sara, que non perdoou desde o borde do área unha xogada ensaiada de córner definindo á perfección. A partir de aí uns minutos de tanteo con moita imprecisión nos pases e pouco implicación defensiva. O segundo chegou unha vez sobrepasado a primeira metade do tempo por medio de Lucía Carral. A centrocampista define excelentemente un centro de Sofía desde a esquerda e colócaa na escuadra. A punto estivo de aumentar a vantaxe Sara, nun a boa xogada tras recuperación de Andrea, recolle África e o seu pase non pode rematalo entre os tres paus a dianteira coa oposición de Inés e Adriana. Cando parecía que o resultado xa non se movería chegou o terceiro. Sara presiona a saída de balón de Inés, recupera e o seu centro rexéitao a gardameta visitante aos pés de África, que tan só ten que empuxala ao fondo da rede.

Vídeo: Gol de África.

E o segundo período tivo practicamente o mesmo guión que o primeiro. Na primeira xogada tras a continuación, Xiana rouba no centro do campo e inicia o contragolpe con Sofía polo sector esquerdo, a interior é capa da defensa de Sira e Carmén e plántase soa dentro da área, ante a saída de Adriana asiste a Sara que marca a porta baleira o definitivo 4-0. As nosas seguiron dominando o xogo e creando algunhas ocasións de perigo en área visitante pero sen acerto. Vitoria e tres puntos mais antes do partidazo do próximo sábado nas Boalutas ente o líder Mos.

Ao remate Diego Castro valoraba o partido: “A pesar do resultado, a primeira parte non reflicte a realidade deste equipo. Na segunda metade se vió ao Rosalía que coñecemos: concentración, implicación, ganas, sacrificio e máis calidades que teñen as nosas xogadoras”.

Con este resultado, o equipo pontino toma aire para esta semana, recuperando sensacións e con optimismo para afrontar o que vén. Seguidamente e a domicilio, as azuis mediranse ao Mos, en casa a Arcadia e finalmente a Santo Mateo a domicilio para pechar a primeira fase da competición.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content