A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil caeu derrotada no Municipal de Oira fronte ao Mos (0-3) por culpa dun partido que se puxo costa arriba tras encaixar o primeiro nunha xogada fortuíta na primeira metade fronte a un rival que mostrou unha versión moi sólida nunha mañá en que nada lle saíu ás pontinas. O conxunto dirixido por Quique e Castro afronta agora o parón por datas festivas e o seguinte obxectivo será o Vitoria FC en territorio visitante.
Partido que comezaba con gran igualdade. As azuis tiñan un plan de partido claro ante o mellor equipo da categoría, formar un bloque en mediocampo, non saltar a presionar e pechar ben os pasillos interiores. O partido foi de tú a tú en todo momento, incluso co marcador desfavorable. Máis sorte ou máis tino tivo Esther Aldigueri que, aproveitou unha xogada fortuíta na saída do balón, coou o esférico no fondo da rede dunha certeira e efectiva vaselina na única ocasión clara dos primeiros corenta minutos.
Tralo paso por vestuarios, as nosas saíron co convencemento de igualar o partido, sabendo que diante estaba un grandísimo rival que ía castigar cualquera despiste. E así foi. Co equipo totalmente volcado en busca do empate, unha gran conducción da sua potente dianteira e posterior asistencia a Esther Aldigueri para que a empurre no 0-2. A pesar do marcador en contra, as de Quique e Castro non lle perderon a cara ao partido, tentado seguir fieis ao estilo sen deixarse intimidar polo rival. O premio non chegou en forma de gol, ao revés, un novo castigo, esta vez a balón parado propiciou o 0-3 final, obra de Leire. Un día para sacar conclusións e que dá paso a un merecido descanso para chegar nas mellores condicións á seguinte xornada.
Diego Castro mostrase moi claro ao remate do encontro: “Estamos a comprobar que a dificultade da Liga nesta segunda fase é máxima e porqué o Mos vai líder. Nós seguimos co programado a principio de ano, dannos un pouco igual os resultados e centramonos no progreso das nenas, xa que será o futuro do club”.