Rosalía vence con triplete de Fara

O senior imponse ao Ponteareas cos tantos da centrocampista, que xa é a terceira máxima goleadora do club na liga, Vicky, Laura, Candela e Feijóo.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía sumou tres novos puntos na Liga ao derrotar a domicilio ao Ponteareas no partido correspondente da xornada 21. O noso equipo decidiu o encontro despois do descanso, ao que se foi cun 0-0 fallando un penalti. Na segunda metade, grazas aos tantos de Feijóo, Vicky, Candela, Laura e o triplete de Fara, que xa é a terceira máxima goleadora do equipo, pecharon o triunfo.

As nosas puideron adiantarse moi pronto. Aos dous minutos, Noa tivo a primeira das 20 chegadas con perigo das pontinas na primeira metade. A máis clara ao bordo do cuarto de horas ao sinalar Antonio Bernárdez man de Andrea dentro da área. Candela é a encargada de executalo, pero Itiziar adiviña o seu disparo e rexéitao, Noui remata de segundas e seu tiro pega no traveseiro. Rosalía seguía creando ocasións. Ester, ata en tres ocasións e Noui outras dúas, atoparon como resposta boas intervencións de Itziar aos seus remates. Vicky, Noa e Fara tamén tentaron sorprender á gardameta rival, pero non atoparon portería.

Goleada
Estas oportunidades foron o preámbulo do que pasaría na segunda metade coa chegada do primeiro gol pontino, que chegou aos 10 minutos da continuación. Tobaruela deu entrada a Feijóo, Miriam e Valeria por Sampayo, e Rocío e os cambios funcionaron. Feijóo, tras unha boa xogada individual adiantou ás nosas. O gol espoleó ás azuis, que lograrían outros dous nos seguintes dez minutos. Vicky, desde a frontal, engancha un dereitazo á escuadra da portería defendida por Itziar e Fara, tras unha xogada de ataque entre Feijóo e Ester, deixaron o partido sentenciado. Pero as nosas estaban a gozar e facendo gozar, ainda que puido marcar Ponteareas no 66’ cun man a man de Miranda no que estivo máis acertada Valeria. Catro minutos despois, Fara aumenta a distancia cun disparo desde a frontal (0-4). As azuis seguiron atacando con perigo e Laura suma o quinto ao rematar un córner executado por Feijóo (81′). Na seguinte chegada, un minuto despois, Candela sácase o mal sabor de boca de fallar o penalti ao realizar unha gran xogada individual e mandar o balón ao fondo da rede no sexto gol visitante. Co tempo case cumprido, Clau, debutante esta tempada, encabeza o ataque desde o sector dereito, gana a liña de fondo e o seu centro remátao Fara a gol. A centrocampista pechou así o triunfo contra o Ponteareas.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content