O Infantil disputou en O Alivio o seu segundo amistoso da pretemporada.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía gañou por goleada ante o Tomiño no Campo de Fútbol de O Alivio no seu segundo amistoso de preparación. Cinco goles de Victoria, un de Nair e outro de Candea Losada deron a vitoria ao conxunto azul nun partido dominado polas visitantes. Malia enfrontarse a un rival que o intentou en todo momento, as de Diego Castro callaron un bo encontro e protagonizaron case todas as chegadas de perigo, pero non aproveitaron por completo o amigable do partido para facer probaturas.
Malia ser un partido de adestramento, diferenciáronse dous partes moi claras. A primeira marcada pola orde táctico das azuis, que conseguian elaborar o seu xogo desde atrás malia a presión do Tomiño. Unha vez superada a liña defensiva local as ocasións de perigo eran exclusivas de Victoria, que se converteu nun pesadelo para as defensas berminegras. A dianteira marcaría tres goles nos primeiros 30 minutos e recortaría distancia Tomiño aproveitado un erro defensivo das xogadoras de Castro. Pero non sería o último, Candela Losada aumentaría a distancia nuevamente con outra xogada colectivas ben elaborada por todo o equipo.
Na segunda metade, influíu o cansazo e o resultado. O partido non tivo dono e converteuse nun ida e volta constante sen control por parte dos dous equipos. Rosalía conseguiu anotar outros 3 tantos, un de Nair e outros dous de Victoria para pechar do resultado final nun partido no que o técnico azul, Diego Castro, sacou as súas propias conclusións: “O Segundo encontro de preparación confirma as boas sensacións que deixou o partido anterior fronte ao Victoria, aínda que esta vez con máis acerto pola nosa banda. As nenas foron valentes co balón e aplicadas defensivamente”. Aínda así, para o técnico “queda moito traballo pero estamos no camiño correcto”.