EFF Rosalía perde na presentación 2021/22

As pontinas apenas crearon ocasións e non puideron superar a un CD Lugo que demostrou non perdoar os erros das locais.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía intentouno ata o final, pero non puido recortar a distancia de 0-3 co que se puxo en vantaxe o Lugo. María, que provocou un penalti non sinalado, tivo a ocasión máis clara das azuis. Malia a derrota, o noso equipo continúa a súa preparación cara o comezo da Liga.

Foron precisamente as luguesas quen tiveron a primeira ocasión do encontro. Nai dispara desde o bordo do área e o remate terminou nas mans de Rocío aos 19 minutos. A resposta das locais chegou no 22′ cun pase entre liñas de Ainara ao que non chega Ana por moi pouco e acaba en mans de Judith. O Lugo adiantouse superada a primeira metade da primeira parte. Balón en longo desde a defensa visitante, as centrais quédanse a medio camiño e Rebolo aproveita a saída en falso de Rocío para superala. Tocaba reaccionar e as de Saa non crearon perigo antes do descanso. Lugo aínda tivo dous máis, a primeira terminou no poste e a segundo converteuse no segundo nunha xogada similar ao anterior. Novo balón entre liñas, pilla a Isis descolocada e Esther aproveita outra saída en falso de Rocío para superala por arriba.

Ana dispuxo da ocasión mais clara das azuis na primeira metade.

Na reanudación, o ritmo de xogo baixou debido ao control do partido do Lugo, que tocaba moito o baló pero sen arriscar nos pases.

Penalti non sinalado
No sesenta, a ocasión máis clara local, María aproveita unha cesión a Luz para recuperar a posesión e regaltearla sendo derribada. A colegiada decide dar lei de vantaxe pero o rexeite déixaa sen ángulo e non acerta a rematar. Non se fixo esperar a resposta luguesa. Dez minutos máis tarde, Esther, a máis perigosa das balquirrojas, estrela o balón no pau. Xogada que sería o preámbulo do terceiro, centro desde a dereita e Rocío intenta despexar e o balón escápaselle das mans caendo aos pés de Fanny que sentencia o encontro.

“O segundo tempo foi horrible e difícil de ver”

Miguel Saa, técnico da Eff Rosalía Senior

As de Saa intentárono ata o final, pero non puideron contrarrestar o control do partido dos seus rivais no que representaba a presentación do equipo Senior cara a campaña 2021/22. O adestradror atendeu aos medios do club valorando o partido: “foi un partido marcado pola época do ano na que estamos (pretemporada) e condicionado polo exceso de protagonismo da colexiada. Nós contabamos cun partido con cambios volantes como a federación concedera e viuse un bo partido os 35 primeiros minutos. A partir dese momento e con cinco cambios xa realizados o partido quedou condicionado”. A parte deste detalle o “segundo tempo foi horrible e difícil de ver por parte dos dous equipos e o resultado ao final quedou determinado pola a calidade nas áreas e ahí o Lugo ten mais ventaxa que nós”.

Recordo para Yadira
Antes do comezo do partido, todas as xogadoras do primeiro persoal quixeron dar o seu apoio a Yadira na súa recuperación da lesión producida a pasada tempada. Por medio de Rocío, capitá o pasado domingo, entregaron unha camiseta e un recordo á defensa que se está recuperando da súa lesión do cruzado. Un. bonito detalle que mostra a unión entre todas as xogadoras do equipo Senior.

Yadira continua recuperándose da sua lesión no cruzado.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content