O Infantil quere cambiar a dinámica na segundo volta

O domingo ás 12.30 horas a EFF Rosalía mídese ao Orzán en busca dunha necesaria vitoria na primeira xornada da segundo volta.

Tras o último ensaio de hoxe, as pontinas esperan ansiosas a cita do domingo en Elviña Pequeño ante o Orzán SD. Será na xornada 6 da segunda fase e a Escola de Fútbol Feminina Rosalía buscará volver puntuar ante o cadro coruñés. Tras cultivar catro derrotas consecutivas e un empate, o equipo de Quique e Castro quere sumar de tres para terminar con ese refacho de resultados.

As nosas chegan como pechacancelas na táboa con 1 punto. Cinco por baixo dos seus rivais esta semana. Así, a cita é transcendental para reducir distancias na clasificación nesta recta final da tempada e poder cambiar a dinámica de resultados desta fase. O Infantil, que a semana que vén xogará no Municipal de Oira ante Pastoriza, ten que empezar a puntuar para tentar escalar postos na táboa clasificatoria. As 16 xogadoras que viaxarán mañá ata A Coruña son:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Ainara, Candela Losada, Ainhoa, Alba e Lea.
Centrocampistas: Andrea, Sabela, Lucía Carral, Esmeralda e Victoria.
Dianteiras: Sofía, Sara, Lurdes e África.

O cadro coruñés, que chega en boa dinámica tras gañar a pasada semana en casa (4-3) a Pastoriza, é a primeira pedra de toque nesta segundo volta. As de Diego Sánchez teñen un balance de 2 vitorias, 0 empates e 3 derrotas. No partido de ida, Marta Moreno adiantou ás coruñesas con dous goles, mentres África recortou distancias nos últimos minutos do encontro. Espérase un encontro igualado con dous equipos que sairán decididos a por a vitoria a partir das 12.30 horas baixo a dirección do colexiado Diego Vázquez Fernández.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content