Tobaruela: “Temos claro que temos que quedar primeiras”

“Tanto neste enfrontamento coma nos seguintes, xogaremos contra equipos necesitados de puntos”, añadiu o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o Porriño Industrial, correspondente á xornada 23 de Liga, que se xogará no Municipal do Lourambal 2 (16.30 h; Domingo): “Porriño é un rival que da tempada pasada a esta experimentou un gran progreso. Ao finalizar o partido que xogamos en Oira comenteillo ao seu adestrador, mais é un equipo que para min é un pracer enfrontarse a elas porque ten un tipo de xogo no que xogan ao fútbol, fan propostas, intentan facer cousas, están moi ben ordenadas, nótase que hai unha proposta táctica detrás”.

“Entón, iso é moi interesante ao xogar contra equipos que se dedican a xogar ao futbol”.

Rival que necesita gañar
“Eu creo que agora, tanto este enfrontamento contra o Porriño e os dous que temos contra San Mateo e Arenteiro, imos xogar contra equipos necesitados deses puntos para meterse na fase de ascenso. A mais, tendo en consideración que esta fase de ascenso, mais alá de subir a primeira división, ten o condimento de evitar a terceira división, de non caer a esa terceira división e manterse na segunda”.

Seguite obxetivo quedar o máis arriba posible
“Creo que desde o principio da tempada temos claro que temos que quedar primeiras simplemente pola cuestión de que no sorteo que vai haber quen quede primeira ten a ventaxe de xogar no seu campo, pero quero facer un inciso, creo que clasificarse para os playoffs, ou quedar primeiras, ou quedar segundas, cando adoitas ganar todo parece máis sinxelo e creo que o grande mérito é do traballo das xogadoras, que están ahí gañando un partido tras outro nunha Liga na que os equipos subiron moito o listón en canto a calidade. Quero salientar que estamos aquí, non foi fácil, pero queremos seguir traballando”.

Final de Liga contra rivais de calidade
“Desde o punto de vista dos cruzamentos contra outros equipos, pode pasar absolutamente de todo. Chegaremos a un momento da tempada no que, e eso lle dixen as xogadoras, calquera partido é unha final. Ti xogas a Liga e no playoff xogas a un partido simplemente, pero temos que míralo desde o punto de vista do espectador. Nós estamos a sufrir dentro, pero dende o punto de vista do espectador, iso é magnífico, ver este tipo de partidos”.

Qué tipo de partido esperas
“Espero un partido como o de Oira, un equipo que é consciente de que non ten unha xogadora desequilibrante arriba, entón basean o seu xogo a partir dunha orde táctica moi férrea, un posicionamento moi extricto e bo trato do balón intentando buscar as costas das rivais. Para nós, esos partidos son especialmente difíciles, equipos que están fechados, pero creo que temos que estar capacitadas para afrontar claquera tipo de partido de aquí en adiante”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content