O Promesas comeza a pretemporada

As xogadoras dos dous equipos Promesas arrincaron os adestramentos nas instalacións municipais de Oira.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Promesas xa está en marcha. As xogadoras dos dous equipos realizaron a súa primeira sesión de traballo da pretemporada 2022/23 no campo de Futbol-8 do Municipal de Oira. A sesión iniciouse coa presentación dos corpos técnicos por parte do director de fútbol base e con traballo de coordinación para posteriormente realizar algúns exercicios con balón.

As Promesas xa tocan balón despois do verán.

María Feijóo, que cumpre a súa terceira tempada no club, será a encargada de dirixir ao equipo ‘A’. Javier Alonso fará a función de segundo adestrador. Pola súa banda, o Promesas ‘B’ estará dirixido por Manu Fernández e Carlos Alonso será o seu axudante. A competición arrincará previsiblemente a primeira semana de outubro.

Check Also

Impecable vitoria azul: O infantil imponse con claridade en Valladares

A Escola de Fútbol Femenino Rosalía continúa o seu paso firme na Liga Galega Infantil …

Ir o contido