O Infantil comeza a preparar a tempada 2022/2023

As xogadoras arrincaron os adestramentos no Municipal de Oira.

A EFF Rosalía Infantil xa traballa no Municipal de Oira.

O Infantil completou a súa primeira sesión de traballo da pretemporada 2022/23 no campo principal das instalacións municipais de Oira. O adestramento tivo unha primeira parte con exercicios físicos e coordinativos para dar logo protagonismo ao balón.

Quique Álvarez, que cumpre a súa primeira tempada no club, será o encargado de dirixir ao equipo, que competirá na liga Galega Infantil Feminina autonómica. Estará acompañado de Diego Castro como segundo adestrador. Canto ao persoal, a maior parte das xogadoras proceden das Promesas ‘A’ da tempada pasada, que terán como referencia ás máis veteranas, Sara, Candela Losada, Miriam, Ainara, Aline e Lucía Torres. A competición non ten data oficial de comezo.

Ata o momento, están confirmados os seguintes amigables:
Infantil-Vitoria FC (11 de setembro)

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content