Nas instalacións municipais de Oira o acto contou co apoio institucional do Concello de Ourense.
Presentouse a II edición do Trofeo Internacional de Canedo co apoio institucional do Concello de Ourense
Onte celebrouse a presentación oficial da II edición do Trofeo Internacional de Fútbol Feminino de Canedo, que se disputará o vindeiro domingo 14 de setembro ás 12:00 horas no Campo Municipal de Oira.
O acto contou coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado polo concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e a concelleira de transporte Ana Fernández, quen amosaron o seu firme compromiso co impulso do deporte feminino na cidade.
O torneo, organizado polo Concello de Ourense e noso club, enfrontará ao noso equipo sénior co histórico Boavista Futebol Clube de Portugal. Ademais de ser unha cita deportiva de primeiro nivel, o encontro servirá como presentación oficial e última preparación antes do debut ligueiro, previsto para o 21 de setembro en Oira contra o Vilalonga B.
Durante a presentación, o presidente da EFF Rosalía, Mario Gómez, destacou: “Para nós é un orgullo recibir ao Boavista en Ourense e contar cun torneo que medra edición tras edición. Esperamos a toda a nosa afección en Oira este domingo para apoiar ás xogadoras”.
📅 Cita: domingo 14 de setembro
⏰ Hora: 12:00 h
📍 Lugar: Campo Municipal de Oira





E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino