Acordo con Hugo Pena

O ourensán farase cargo da preparación das porteiras do club.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía chegou a un acordo co técnico Hugo Pena para que se faga cargo do posto de adestrador de porteiras de todos os equipos do club e entra a formar parte do staff de técnicos dirixida por Alberto Tamayo.

Hugo Pena: 21 anos e natural de Ourense, iniciou a súa andaina como adestrador de porteiros no Ribadavia Atlético en 2022, club no que estivo estas dúas tempadas. O novo preparador incidiu en que á hora de preparar ás porteiras “o máis importante é a técnica e a actitude”.

“A técnica é fundamental porque che dá as ferramentas necesarias para todas as situacións do xogo, mentres que a actitude é esencial, xa que unha boa mentalidade, determinación e o ser capaz de superar a presión permíteche poder mellorar continuamente”, añadiu o novo adestrador.

Check Also

Xa hai fechas para o comenzo das ligas 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía será, un ano máis, un dos clubs referencia do …

Skip to content