Chegamos á xornada 16 no momento máis dulce da tempada para as nosas senior. A segunda volta comezou da mellor maneira en canto a resultados se refire e as nosas veñen de encadear 6ptos con rivais que na primeira volta non foran quen de vencer.
O rival desta xornada, o SC San Mateo chega ó Monte da Aira na pelexa pola cuarta praza, despois de que as derradeiras dúas derrotas o descolgaran un pouco pola loita da terceira posición que durante varias xornadas ocupou. Na primeira volta as da vila de Ponteareas foron moi superiores as xogadoras do noso clube e venceron por un contundente 6 a 0 nun partido no que non diron opción en ningún momento de competilo.
Ben seguro que esta será outra historia e as senior, co apoio das nenas dos dous equipos promesas na bancada que disputan anteriormente os seus respectivos partidos de liga, tratarán de plantar cara e disputarán batalla ao clube laranxa.
Para este partido Alba Rodríguez volta a estar dispoñible para Alonso Méndez saindo da enfermería despois de que se lesionara o 21 de outubro na xornada que acadamos a primeira victoria contra o Gondomar FB. Deixamos así tan só a Sara Dopazo no capítulo de baixas cunha complicada lesión de xeonllo.