Liga promesas: o “A” segue ao seu e o “B” está perseguido polo infortunio

Nova xornada da Liga Galega Promesas e dobre enfrontamento na matinal do domingo para os nosos equipos.

O promesas “A” de Alba Rodríguez conqueriu unha nova victoria esta vez fronte o Atlético Arousana. O equipo da nosa escola, líder ata o momento do grupo sur da categoría, encarrilou rápido o partido e chegou ao descanso cunha cómoda vantaxe que na segunda metade tan só tiveron que administrar. O máis positivo de este conxunto é que está a desplegar un bó xogo e deixando en repetidas ocasións a portería a cero.

Gran partido de Claudia que volveu a ver porta esta vez cun doblete

A semana que ven o equipo de Alba enfrontarase o domingo as nosas amigas do Valladares, equipo que nos pisa os talóns na clasificación e que de seguro querrán derrotar ás nosas por primeira vez.

O promesas “B” botou en falta en exceso a falta do seu adestrador Juanma Bello

O promesas “B” de Juanma Bello sufriu unha inxusta derrota fronte o CD Mos. As pequenas do “B” acusaron en exceso a falta do seu adestrador que non puido acudir ó partido e as súas xogadoras faltoulle a confianza que Juanma lles da en todo momento. Pese ós intentos do noso presidente Mario Gómez, que sustituiu ao míster na ocasión, as pequenas do “B” non estiveron ao seu nivel, inda que en todo momento mereceron moito máis que a axustada derrota que sufriron. Unha magoa as derradeiras derrotas das nosas peques que parece lle están cortando algo de confianza en elas mesmas. Ben seguro que o míster, polo cal sinten admiración, será capaz de reconducirlles a situación.

A UD Mos levouse o partido a pesar de non ser superior as nosas pequenas

A semana que ven as xogadoras do “B” desprázanse ata Barrantes para enfrontarse ó duro Umia CF. Moito ánimo peques que o estades a facer moi moi ben!!!

Lembrade que na sección de galerías fotográficas xa tedes dispoñibles as fotos das nosas peques.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content