Previa EFF Rosalía vs Gondomar FB – 6ª xornada 2ª Autonómica

Nova oportunidade para o noso equipo senior de mostrar a sua progresión cunha nova xornada para competir. Nesta ocasión visítanos o Gondomar FB con tan so dous puntos máis co noso equipo, conqueridos nunha única victoria por 7-0 fronte o farolillo vermello da categoría o Cultural Areas.


O noso senior ven de demostrar no difícil campo de Valladares que a sua progresión é correcta e que o día menos pensado vannos deleitar ca primeira victoria, que a ben seguro as enchería de autoconfianza para a sua progresión.

A nosa plantilla a falta do derradeiro adestramento está ao completo despois da recuperación de Cae Vizcaya e o noso mister terá unha difícil elección para elexir a convocatoria xa que as xogadoras estanse empregando a fondo durante a semana.

Para este partido a EFF Rosalía lucirá brazaletes rosas e cederalles uns brazaletes rosas as rivais para que os luzcan tamén en apoio a AECC de Ourense polo día da prevención do cancro de mama.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content