Brillante primeira victoria das nosas senior que demostran así a progresión que estaban a mostrar xornada a xornada.
O partido comezou con varios actos como o de que as dous equipos luciron brazaletes rosas que o noso clube lles proporcionou, para apoiar simbólicamente a loita contra o cancro de mama. Tamén se guardou un minuto de silencio para homenaxear a memoria da atleta do Clube Deportivo a Purísima que recientemente finou tras unha extraña enfermidade.
As nosas xogadoras comezaron enchufadísimas no partido e as rápidas conexións de Sabela, Zaira, Yadira e Patricia facían que no primeiro cuarto de hora xa dominábamos por un claro 3-0.
O filo do descanso as notas negativas do encontro, primeiro a porteira do Gondomar Sabela Otero tivo que ser retirada en ambulancia a causa dun forte choque que lle produxo un pitido no oido e un posterior forte mareo. Afortunadamente todo quedou nun susto.
No minuto 44 turno para a nosa “veterana” Alba Rodríguez (entrenadora do Promesas A) que tivo que abandoar o partido por un forte esguince nun nocelo.
A segunda metede non cambiou a cor do partido. O noso equipo seguía a dominar no verde do Monte da Aira e Sabela levaba de cabeza a sua lateral. Nunha desas colou un golazo por toda a escuadra de tiro cruzado que foi o mellor gol da mañá.
O final un 5-0 e primeira victoria que celebramos como clube en partido oficial. A seguir así rapazas!!!
Goleadoras:
Yadira x 2
Patricia
Zaira
Sabela
No apartado de fotografías da nosa web atoparán unha amplia galería do encontro.