‘Quique’ Álvarez, presentado como novo coordinador do Fútbol Base

O novo coordinador dos escalafóns inferiores agradece a Alberto Tamayo a súa confianza.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía anuncia a chegada de Diego Enrique Álvarez (Ourense, 1985) como novo Coordinador de Fútbol Base. Faceta que compaxinará coa dirección desde o banco do equipo Infantil xunto a Diego Castro.

Quique actualmente era o coordinador do CD Pereiro, xa traballou nas instalacións municipais de Oira durante dúas tempadas, desde 2017 ata 2019, a primeira delas como adestrador do Cadete ‘B’ e a seguinte do Cadete ‘A’ do Ourense CF. Chega ao club un profesional con máis de 20 anos de experiencia, sempre traballando cos máis pequenos.

Tras a protocolaria firma, Quique Álvarez atendeu aos medios do club para valorar a súa chegada: “É un reto moi bonito e doulle as grazas a Alberto Tamayo por confiar en min neste momento. O meu día a día vai consistir en estar o máis preto posible de Tamayo, escoitarlle, observarlle moito e ir facéndome aos poucos co cargo. É unha honra que vaia a compartir comigo a súa sabedoría despois de toda unha vida no fútbol”.

‘Quique’ é un máis nos adestramentos do club.

Unha vez dentro, Álvarez recoñece que a estrutura da canteira é moito máis importante do que pode parecer: “Levo uns días no cargo e é impresionante o que se move no interior desa cazuela. Non sabemos o que é o corazón da estrutura ata que non entramos de cheo. Estou a tentar adaptarme o máis rápido posible dentro da casa. Afróntoo como un novato e aprendendo de todos. Hai que tentar axudar a todo o mundo no organigrama, porque a engrenaxe é ampla e agora daste conta de que o éxito non é froito dun momento puntual, senón que hai moita xente traballando na sombra”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content