Tobaruela: “Evidentemente había gañas de comezar”

“Agora é cando é importante a vitoria”, declarou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía antes do último adestramento previo ao debut na liga. O técnico azul analizou o encontro ante o Gondomar no Municipal de Oira (domingo, 12:00 h), no que o conxunto pontino inicia o campionato: “Evidentemente había gañas de comezar, empeza a competición e as xogadoras xa teñen gañas de competir, algo que se leva no ADN”.

Comezo en casa
“É indiferente, pero se empezas na casa, sempre se conta coa vantaxe de que o primeiro partido sexa diante dos teus e iso é importante”.

Vitoria no último amigable
Unha vitoria sempre redunda positivamente, aínda que, como xa dixen reiteradamente, na pretemporada, os resultados non é una cuestión moi importante, é una cuestión que influe no sentido do ánimo pero que non é predeterminante. A pretempada está, simplemente, para pór, poñer en práctica as cousas que queremos agora. Agora é cando é importante a vitoria”.

Traballo realizado en pretemporada
Empezamos o 17 de agosto e tivemos tempo dabondo para, o que adoito dicir eu, as pautas xerais de noso modelo de xogo. Temos que seguir insistindo porque, como sabedes, este ano incorporamos moitas caras novas no sentido de xogadoras que subiron das categorías inferiores e, entón, sempre costa adaptarse e estamos niso. Colleron ben os conceptos básicos e agora trátase de seguir vendóos e aplicándoos ben.

“Creo que dispoñemos dun plantel amplo e profundo”

PERE TOBARUELA, adestrador da EFF Rosalía

Baixas
Dase a coincidencia que para este primeiro partido, por diversas circunstancias, hai baixas de xogadoras que xa estaban o ano pasado e contaban con moitos minutos. Pero creo que dispoñemos dun plantel amplo e profundo e podemos suplir esas baixas. Agora é a oportunidade de que esas xogadoras que mañá van a saltar ao terreo de xogo, demostren que están capacitadas para iso.

Gañas de comezar
Eu, con moitas ganas, relaxado porque confío plenamente nas xogadoras e mañá, na charla, vou a dicir iso. Case non vou a dar indicacións, xa saben que queremos, como queremos facelo e a gozar desta Liga e chegar a onde os resultados nos leven.

Meta na temporada
A meta, creo que xa o ano pasado do equipo, estaba clara, era o ascenso a primeira. Non se conseguiu e esa pode ser a nosa guía pero non nos pode cegar. A escola de fútbol Rosalía é una escola de formación e quero chegar con todas as xogadoras a esa meta. Que todas xoguen, que todas disfruten e todas gocen de minutos e que todas aporten a conseguir este obxectivo.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content