Remata a cuarta semana de adestramentos da EFF Rosalía

Na semana con máis adestramentos, as xogadoras de Miguel Saa completan o primeiro mes de pretempada.

O plantel da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía completou no Monte da Aira a cuarta semana de adestramentos para seguir preparando o inicio da tempada, que aínda non ten data oficial de inicio. O equipo traballou baixo as estritas normas sanitarias debido á pandemia do COVID-19.
As sesións comezaron con exercicios de calentamiento e prevención, para logo aproveitar, segundo palabras de Miguel Saa, que dispoñen do campo completo para adestrar, para ejercitarse con balón e así ir coñecendo as virtudes e defectos de cada unha das xogadoras que compoñen o plantel da tempada 2020/21.

Remata unha semana na que o balón foi o protagonista e onde as xogadoras puideron disputar os seus primeiros partidillos da esixente pretemporada que planificaron Miguel Saa e Jonny Otero. Feijóo, aos poucos, vaise unindo ao grupo e nas próximas semanas será ao 100% unha máis nos adestramentos.

O balón tomou protagonismo na última semana.

“Quixemos aproveitar, tendo o campo completo para nós, para facer mais fútbol”, comentou Saa a web do club. EN canto a adestrar con máscara sinalou “que eles está costando, sobre todo cando fan esforzos, pero aos poucos vanse afacendo”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content