Rosalía-San Mateo: O Monte da Aira acolle a derradeira xornada da 1ª volta

As azuis, que encadean dúas derrotas, disputan a 9ª xornada de Liga (10:00h, domingo, Monte da Aira).

Segunda proba do ano para a EFF Rosalía Infantil, que se mide ao Sporting Club San Mateo no Monte da Aira nun partido correspondente á 9ª xornada da Liga Galega Infantil Feminina (10:00 h, Monte da Aira). O filial azul pecha a primeira volta do campionato co obxectivo de estrear a marcadora de vitorias no 2020 ante un rival que busca os puntos para afastarse da zona baixa da táboa. O equipo de Alba,  que xoga seu primeiro partido do ano en casa, busca voltar á senda do triunfo en casa. Os últimos resultados no Monte da Aira saldáronse con triunfos ante Milagrosa e derrotas fronte ao Victoria FC e Victoria CF “D”.

“Vimos dunha dinámica negativa, con dúbidas no noso xogo e perdendo un pouco nosa identidade de tocar balón. Temos ganas de recuperar sensacións e facer un bo partido a pesar das baixas”, comentou Alba na previa.

Para a cita do domingo, a técnica azul convocou a 14 futbolistas, sendo baixa por distintos motivos Nair, Ares, Sheila e Marta Montes.

Convocatoria
Porteira:  Valeria.
Defensas: Silvia, Laura Añón e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Ester, Cuquejo, Daniela, Lidia, Candela Bouzas e Cloe.
Dianteiras: Sara, Claudia Pérez, Nerea e Claudia Castro.

O rival
O Sporting Club San Mateo visita o Monte da Aira situado na séptima posición, con 5 puntos e un balance de unha vitorias, dous empates e cinco derrotas. As de Aida Pérez puntuaron en dous dos seus últimos tres compromisos no campionato e lonxe do seu campo acumulan un triunfo, dous empates e un tropezó, sendo o segundo equipo menos goleador empatadas con Umia e Interrías.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content