O Promesas “B” recibe ao Cambados e o Promesas “A” espera fecha para o partido fronte o Mos.
Nova fin de semana de compromisos oficiais para os equipos da canteira. A EFF Rosalía “B”, tras caer no derbi ourensán adiantado a semana, recibirá no Monte da Aira ao Juventud Cambados no partido correspondente á 10ª xornada de Liga.
Remata así primeira volta para o Promesas “B”, un equipo totalmente novo, creado con tódalas xogadoras que chegaron novas á Escola de Fútbol Feminino Rosalía esta tempada e que a base de moito tesón e ilusión están pouco a pouco adentrándose no mundo do fútbol.
O traballo tanto de María Feijoó como o de Cae Vizcaya pouco a pouco vai dando os seus frutos e as xogadoras xa comezan a colocarse e estar ben ordeadas, inda que con balón inda lles falta autoconfianza.
Pechan a primeira volta xogando contra o Cambados, un equipo de recente creación, situado no noveno posto e cunha racha de dous partidos seguidos gañando.
Pola sua parte, a EFF Rosalía “A”, viu como novamente se aplazaba seu partido contra a UD Mos polo mal tempo reinante na costa galega.